Para esta segunda parte da publicidade polémica, elixo as campañas de Benetton, por ser todo un referente neste campo. Quen non ten comentado nunca os anuncios do fotógrafo Oliviero Toscani? A ofensa personificada para algúns ou todo un xenio da publicidade para outros, o caso é que non pasa desapercibido para ninguén.

A marca Benetton, cumplidos xa os 40 anos, non deixa de sorprendernos día a día. Persoalmente paréceme unha das mellores campañas do mundo, orixinais, divertidas, armónicas, e... polémicas, por que non?



Estamos fartos de ver de todo en tv, cousas que nos gustan e outras que non nos gustan tanto ou que detestamos, o mesmo pasa con Benetton, para gustos, cores, pero ninguén pode negar que se trata dunha publicidade de calidade, e de feito que funcionou e está a funcionar moi ben.

Ten un estilo propio, inconfundible. E parecéme incrible que despois da infinidade de mistura racial impresa na gran parte de anuncios, poida haber xente que os tache de racistas. Creo que Toscani apostou por unha campaña que toca de cheo no noso lado máis humano, e pon de manifesto o seu ideal de IGUALDADE.


Algunhas com máis dozura e tenrura, sin máis polémica que facer pensar sobre a diversidade cultural:


Outras máis complexas, e que se meten xa en temas máis escuros, incluso desagradables, e que foron causa de longos debates e fortes polémicas:



Pero de todos os xeitos, a búsqueda e captura do propósito está máis que asegurado con Benetton. Quen podería ver unha imaxe como esta sen falar dela ou polo menos sen facerlle pensar polo menos 5 minutos??

Como experiencia persoal poido decir que a primeira vez que vin este anuncio quedeime coa boca aberta, e fíxome falar sobre a pena de morte durante toda a semana seguinte. Esta foi a causa que me levou a publicar este artigo. E podería con isto abrir unha serie de debates,mais non é a miña intención expresar as miñas ideoloxías, senón criticar positivamente toda publicidade valente que aposta por temas sociais que poidan crear fortes controversias. Incluso os temas máis desagradables que trata son reais. Existen. E barrer para debaixo da alfombra nunca me pareceu unha posible solución.
Ainda que pareza incrible, os publicistas tamén son seres humanos, e como tal teñen dereito a expresarse libremente, e con isto, o único que fan é convertir a publicidade noutra forma máis de expresión.
Como conclusión, penso que Toscani, e con Toscani Benetton, consigueu unha voz; consigue falar, expresarse e chegar á xente a través da publicidade. Mostra de que non é algo incompatible. E poden crear máis simpatías cara a marca, ou facer o efecto contrario, pero sempre se asegura estar en boca de todos. Admiro a valentía deste artista.
Simplemente pouca vergonza, moitas ideas, moitas gañas de dar que falar e de facer que pensar. Nunha palabra: extraordinario. Realmente auténtica publicidade do século XXI. Quen se sinta ofendido, quizáis non entendeu nada.

Si vas a usar imagenes de nuestro sitio, lo minimo que puedes hacer es ponernos un link no?
http://colr.us/
Me ha gustado mucho tu artículo pero........el mío es igual!!!pero no importa,asi hay variedad de opiniones y formas de enfocarlo no?bikiños
hola!!!
me gusto mucho este post
hola! lo cierto es que la publicidad de benetton como tu dices, es muy impactante, hay anuncios que despiertan un instinto muy tierno, otros que te hacen sentir un escalofrío, en definitiva, lo que pretenden es justo eso, yo creo que quieren levantar todas las emociones que puede sentir una persona bajo el mismo eslogan de "unión de razas".
muy interesante tu blog.
saludos